Inicio
Esta exposicion esta pechada
Dende a Secretaría Xeral de Medios, conscientes da importancia da aplicación das novas tecnoloxías da información no eido da comunicación, tenta contribuír de forma decidida á difusión das creacións galegas mais avanzadas no eido do audiovisual e multimedia a través da presenza de “galiciadixital” en Internet.
Grazas a esta exposición, que pode visitarse no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, podemos ollar unha Galicia que procura unha mirada diferente, onde as novas tecnoloxías se conxugan co audiovisual e a tradición coa modernidade, permitindo novas formas de expoñer todas aquelas sensacións, imaxes, luces e sons que envolven a nosa comunidade.
“Galiciadixital”, cun novo pulo que subliña o seu carácter divulgativo e vangardista, ven a apostar pola libre participación das empresas do sector e centros públicos de investigación galegos mediante novos concursos de ideas que faciliten unha constante incorporación e renovación dos seus contidos para adecualos a unha actualidade en constante evolución.
Sirva esta pequena fiestra para acurtar distancias e gozar dun adianto da vosa visita, do que vos podedes atopar ao interactuar coas súas diferentes salas nunha experiencia onde se mestura o coñecemento e a diversión.

